Un ano máis está en marcha a VIII RUTA DO COLESTEROL, unha referencia no mundo das andainas.

ruta-colesterol-boqueixon-planazo-en-santiago-andaina-roteiro-caminata-senderismo 2

Desta volta, como non podía ser doutra maneira, percorreremos sendeiros a través dos nosos montes, a carón das augas que bañan as nosas terras, as do río Ulla e os seus afluentes, e coñeceremos a fonto os retrincos máis encantados do noso concello, o de Boqueixón.

Sendeiros a caron dos nosos ríos, pontes romanas, árbores centenarias con milleiros de historias, montes encantados, vistas espectaculares a Compostela… ademáis, desta volta visitaremos ata 6 fervenzas: dúas na parroquia de Donas, río Pontillón, Codeso, Vigo e Vilar. Todo esto é o que a RUTA DO COLESTEROL vos ofrece, unha viaxe pola Galicia máis natural e enxebre. Unha viaxe á que non podedes faltar.

Voltaremos a contar cun percorrido nun só anel, de 50 km, de novo cunha porcentaxe de camiños sen asfaltar altísima (máis do 90%). Ademáis, como nas últimas edicións, daremoslle a posibilidade ós participantes que así o desexen, de facer unha ruta de 10 ou de 25 km.

Tanto os participantes que abandonen por problemas físicos coma os que decidan facer un percorrido máis curto serán transladados ó punto de inicio da proba polos vehículos da organización.

E, como non, a nosa proba será valedeira para o Campionato Galego de Andainas de 50km, por quinto ano consecutivo.

Características do percorrido:

Trátase de unha proba de fondo de 50 km que transcurrirá por camiños non asfaltados na súa inmensa maioría.

O punto de encontro será a Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón). A saída será ás 09:00 horas e o primeiro kilómetro será neutralizado para tódolos participantes polas rúas de Camporrapado. Recoméndase estar no lugar ás 08:15 para a recollida de dorsais. Durante este primeiro tramo neutralizado non haberá marcas nin señais de ningún tipo, polo que é importante ser puntual e tomar a saída a tempo cos demáis participantes.

Haberá 6 puntos de avituallamento repartidos ó longo de toda a proba, nos que teremos auga, bebidas isotónicas, froita, bocadillos, empanadas, snaks e demáis. O acabar teremos, coma tódolos anos, os famosos callos e viño. É importante recalcar que esta merenda-cea non estará dispoñible ata as 19:00 horas, polo tanto os que remanten antes ou decidan abandoar a proba nalgún punto kilométrico deberán agardar para disfrutar dela.

  • Primeiro avituallamiento. Subcira: Km 10
  • Segundo avituallamiento. Pico Sacro: Km 19,50
  • Terceiro avituallamiento. Rodiño: Km 25,00
  • Cuarto avituallamiento. Vigo. Km: 33,50
  • Quinto avituallamiento.Gastrar. Km 38,50
  • Sexto avituallamento: Prevediños Km 44,50

Inscripcións ata o día 14 de xuño

ruta-colesterol-boqueixon-planazo-en-santiago-andaina-roteiro-caminata-senderismo 3

Anuncios

1 comentario

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s